Asteleiros Triñanes

as tradicións e a cultura da xente do mar

ASTELEIROS TRIÑANES

ASTELEIROS TRIÑANES DOMINGUEZ, S.L. atópanse situados no lugar de Ladeira – Chazo, no concello de Boiro e iniciaron a súa actividade no ano 1978. Desde os seus inicios en Agañán (Boiro), dedicámonos á construción de distintos tipos de embarcacións (pesqueiros, auxiliares de acuicultura, chalanas, dornas, embarcacións de recreo, etc.), das que se levan construídas máis de 150 unidades, a maioría delas de máis de 10 T.R.B.

O noso traballo está baseado na aplicación de novas técnicas de construción naval en madeira e na utilización das últimas tecnoloxías, preocupados por ofertar ós armadores un tipo de barco moderno que responda con eficacia ós retos de mellora continua da calidade utilizando a madeira laminada nas nosas construcións e os epoxis como eficaces adhesivos e conservantes, o cal responde eficazmente ás esixencias de modernización propostas polas distintas directivas europeas en materia de seguridade e optimización das flotas pesqueiras e de acuicultura.

Cabe recordar que o emprego das novas tecnoloxías na madeira non supón o abandono do carácter artesán da profesión, senón que lle suma as vantaxes do chamado consumo responsable: Emprego de materia prima natural e autóctona. Baixo custe enerxético para producir. Escaso risco ambiental. Todo isto responde a unha filosofía na procura polo respecto e coidado do mar que os armadores destas embarcacións coñecen ben.

Servizos e campos de actividade

Servizos

  • Realización de proxectos e deseño de prototipos de buques de pesca e acuicultura.
  • Co sistema de traballo nomeado “chave en man”, ofrecemos ós clientes a totalidade dos servizos de montura das embarcacións e xestións administrativas: permisos e licenzas administrativas, aportes de baixas, xestión de subvencións para construción e modernización de buques.

Campos de actividade

  • Construción de embarcacións de pesca
  • Construción de embarcacións auxiliares de acuicultura
  • Construción de embarcacións tradicionais (recuperación do patrimonio marítimo)
  • Construción de embarcacións de lecer
  • Reparación e mantemento de todo tipo de embarcacións (tratamento de prevención da osmose en embarcacións de poliéster)

Asteleiros Triñanes

Grazas por contactar con nos

3 + 14 =

Visítanos en

Ladeira Chazo, 33 – Abanqueiro, 15938 Boiro. A CORUÑA.
+34 981 847 440
+34 981 845 788
+34 637 756 127
asteleirostrinanes@asteleirostrinanes.com

Pin It on Pinterest

Share This