Estaleiros Lojo

máis de 60 anos construíndo barcos

ESTALEIROS LOJO

A historia do estaleiro remontase a 1934 con Angel Lojo Ordoñez comezando coa construción de embarcacións de madeira con popa de parrulo destinadas maiormente a pesca artesanal, entre elas destacan lanchas xeiteiras, botes a vela e a remos.

No 1955 comezase a facer embarcacións igualmente de madeira e artesanales pero adaptándoas para ser propulsadas por un motor central.

En 1962 entra a segunda xeración a mans de Manuel Lojo Lorenzo conservando a fasquía das embarcacións anteriores.

Co paso do tempo a demanda de embarcacións de maior tamaño aumenta ata que en 1972 comezanse a construír as primeiras embarcacións destinadas o servizo de mexilloeiras.

En 1990 o estaleiro entra como socio a terceira xeración con Angel Lojo Tubío xa en activo dende 1977 formándose así o actual Astilleros Lojo S.L.

Na actualidade aínda se conservan embarcacións de mais de sesenta anos en activo, e a entrada forte do poliéster obriga dun xeito a modernización das técnicas de construción como é o strip planking, basado na construción de embarcacións de madeira combinadas con resinas epoxy que aportan unha maior resistencia xunto cun menor peso e mantemento delas.

O estaleiro actual consta de unha nave de 350 m², unha varadera con tres carros pneumáticos dous grandes e un pequeño que pode albergar embarcacións dende a mais pequena ate os 21 metros de eslora permitindo todo tipo de reparación e construción de embarcacións hasta esas dimensións.

Servizos

  • Nave de 350 m2
  • Reparación de barcos de madeira
  • Servizo de carro varadoiro

Astilleros Lojo

Grazas por contactar con nos

8 + 14 =

Visítanos en

Carballeira, 11 – 15920 Rianxo – A Coruña

Telf./Fax: 981-863 224

astilleroslojo@gmail.com

Pin It on Pinterest

Share This