Naumarina Construcion Naval

 

NAUMARINA CONSTRUCION NAVAL

Atopámonos fronte ao mar Cantábrico, na parroquia de Piñeira (a 500 m. da saída á A8), a apenas 2000 m. do porto deportivo de Ribadeo. As nosas instalacións, totalmente cubertas e dotadas de Travel Lift e guindastre permítennos ofrecer todo tipo de servizos de construción, mantemento e reparación.

Dispoñemos de zonas especializadas nunha gran variedade de cometidos, entre os que destacamos:

  • Control de calidade e deseño.
  • Fabricación en fibra de vidro.
  • Ebanistería de cabina.
  • Nave de invernación.

O coñecemento, a habilidade e o bo deseño son as nosas sinais de identidade demostradas. O emprego de madeira como base para as nosas embarcacións combínase coa utilización de materiais de última tecnoloxía para dar como resultado naves elegantes e robustas. As nosas embarcacións están cheas de detalles prácticos pensados para o confort dos seus tripulantes.

A introdución do cálculo numérico no deseño das nosas embarcacións sutúanos á vangarda dos estaleiros europeos.

Combinando técnicas de construción tradicional empregadas na carpintaría de ribeira con novos tratamentos e materiais, acadamos a realización de embarcacións máis duradeiras e cun mantemento menor, sen renunciar aos acabados, a calidez e a exclusividade que só a madeira pode conseguir.

O emprego de madeira autóctona como corazón dunha industria sostible e respectuosa co medio ambiente á a nosa razón de ser.

Servizos

  • Deseño de embarcacións.
  • Cálculos estruturais e dimensionais.
  • Probas de estabilidade e flotabilidade.
  • Trámites de homologación.
  • Adestramento da tripulación.

Galería de traballos

Invalid Displayed Gallery

Naumarina Construcion Naval

Grazas por contactar con nos

7 + 10 =

Visítanos en

Piñeira, s/n – 27715 Ribadeo – Lugo

Tfno: 678-632 696 / Fax: 982-542 659

http://www.naumarina.com

vicentemartin@naumarina.com

Pin It on Pinterest

Share This