Carpintaría de Ribeira Francisco Fra Rico

200 anos de tradición

CARPINTARÍA DE RIBEIRA FRANCISCO FRA RICO

Encontrase situada na marxe dereita do río Cobo, no lugar chamado Os Campos, no porto de San Ciprián, provincia de Lugo. Son máis de douscentos anos con sete xeracións ininterrompidas de carpinteiros de ribeira construíndo ó longo de todo este tempo unha variedade extensa de embarcacións tanto pola súa tipoloxía coma polo seu tamaño, dende o máis pequeniño coma un chalano ata o máis grande un cargueiro de 38m. de eslora.

Fermosos veleiros cos seus diferentes aparellos ( Quechemaríns, Goletas, pailebotes, etc.), embarcacións menores de vela latina, vapores, motoras, boniteiros, tarrafas, palangreiros, embarcacións de recreo de vela, remo, motor. Actualmente temos un proxecto para a renovación total da nave.

Construímos todo tipo de embarcacións para pesca, empregamos os cascos tradicionais de pesca para embarcacións de recreo, deseñando os seus interiores con tódalas comodidades que poden ofrecer os de poliéster e superando as súas condicións de navegabilidade, ofrecendo unha lonxevidade moi superior a outros materiais.

Entregamos o barco listo para navegar, motor, electricidade, sistemas de navegación, etc.

Servizos

Servizos

  • Construímos todo tipo de embarcacións
  • Deseño de interiores
  • Cascos tradicionais de pesca
  • Reparación de embarcacións

Galería de traballos

Grazas por contactar con nos

9 + 6 =

Visítanos en

Beiramar, s/n – San Ciprián – 27890 Cervo – Lugo

Movil: 677-595 676 / Telf. 982-594 021

fransanciprian@hotmail.com

Pin It on Pinterest

Share This