ASTILLEROS Y VARADEROS LAGO-ABEIJÓN

as tradicións e a cultura da xente do mar

ASTILLEROS Y VARADEROS LAGO-ABEIJÓN

Esta industria foi fundada a principios do século XX, para dedicarse dunha forma única á construción de embarcacións con casco de madeira. No ano 1910 pasou a ser propiedade de D. Domingo González Oca, Construtor Naval Nacional, co título 221.

Previo os trámites oportunos, o 26-10-1949, a Inspección Xeral de Buques e Construción Naval da Mariña Mercante capacítao para construír buques con casco de madeira de ata 400 T.R.B., e cun total anual de 800 T.R.B.

O 03-12-1969, a Dirección Xeral de Industrias Siderometalúrxicas e Navais autoriza o cambio de titularidade desta industria a nome de D. Domingo Lago Martínez, actual xerente, a quen capacita para construír embarcacións con casco de madeira de ata 400 T.R.B., en aceiro ata 150 T.R.B. e en poliéster ata 300 T.R.B.

O 13-04-1976, a Delegación Provincial da Coruña do Ministerio de Industria autorizou a posta en marcha e inscrición definitiva no Rexistro Industrial da Ampliación de Actividades co número de inscrición 15/07179.

Madeira e metal

Instalacións

  • Superficie total: 2.607 m2
  • Depósitos de auga: 12 m3
  • Casetas chigres: 132 m2
  • Taller de mantemento: 205 m2
  • Taller de carpintaría e aluminio: 832 m2
  • Nave de mecánica e caldeirería: 472 m2
  • Almacén 2-3 e oficinas: 415 m2
  • Maquinillas: 32 m2
  • Almacén 1: 175 m2

Produtos e servizos

  • Construción e reparación de embarcacións con casco de madeira ata 400 T.R.B., aceiro ata 150 T.R.B
  • Servizo de varadoiro ata 400 Tn.
  • Reparación de buques de ata 400 Tn.

Galería de traballos

Astilleros y Varaderos LAGO-ABEIJÓN

Grazas por contactar con nos

3 + 13 =

Visítanos en

O Freixo, s/n – 15288 Outes – A Coruña

Telf.: 981- 765 013 | Fax: 981-765 808

http://www.lagoabeijon.com

administracion@lagoabeijon.com

Pin It on Pinterest

Share This