Especialistas en dornas

as tradicións e a cultura da xente do mar

CARPINTARÍA DOMINGO AYASO

Domingo Ayaso Oujo, cuarta xeración dunha familia de carpinteiros de ribeira, comeza a traballar no taller de seu pai no ano 1964, con 14 anos.

No seu taller, dedícase á construción dunha embarcacións máis emblemáticas da costa Galega: a dorna. Esta embarcación, coa proa redonda que sobresae da cuberta, a popa chata e pequena e quilla pronunciada, evoluciona cunha única vela de relinga (ás veces pónselle un pequeno foque usado para capear os temporais) e leva dous remos de apoio para cando vai “calma podre”.Xeralmente leva dous tripulantes, o patrón á cana e o mariñeiro ás drizas, que é quen se ocupa do izado da vela, aínda que poden ir tres persoas a bordo con relativa comodidade ou incluso ser patroneada por un único tripulante.

Constrúe dornas de entre 3 e 8 metros de eslora para toda Galicia, así como para Cataluña e Andalucía e Comunidade de Madrid.

Ten capacidade para construír entre 6 e 7 por ano, dependendo das medidas da embarcación.

Complementa o seu traballo de artesán coa reparación de todo tipo de embarcacións de madeira, sobre todo pequenas embarcacións de pesca e de recreo.

Servizos

  • Consturción de barcos e reparacións
  • Dornas

Galería de traballos

Carpintería Domingo Ayaso

Visítanos en

R/. Manuel Murguía, 13 – Aguiño – 15965 Ribeira (A Coruña)

Telf.: 981-84 05 78

Pin It on Pinterest

Share This