Estaleiros Abeijón Hermanos

a solución mais completa

ESTALEIROS ABEIJÓN HERMANOS

Estaleiros Abeijón Hermanos, S.L. é un estaleiro situado en O Freixo, especializado na reparación de barcos, mantemento e venta de motores, así como en construción de barcos de madeira para pesca e lecer.

Os servizos de estaleiro levados a cabo por Estaleiros Abeijón Hermanos permitirán contar con traballos de calidade e a experiencia acumulada polos nosos profesionais.

Abeijón Hermanos foi fundado no ano 1964, como empresa basicamente familiar. Co tempo, instaláronse vías e ampliouse a reparación de barcos de diferentes dimensións, incorporando tamén os servizos do estaleiro a reparación xeral e a construción de barcos de madeira.

Hoxe en día, Abeijón Hermanos conta con 22 traballadores e ofrece servizos de estaleiro vinculados á construción (lanchas de madeira para recreo e pesca, bateeiros, galeóns, bucetas, pesca tradicional e artesanal…), reparación (reparación xeral de barcos de aceiro, madeira e poliéster), mantemento (carenado completo, pintado, chorreado…), motores (venda de motores, reparación, molduras e instalación de motores propulsores e auxiliares), mecánica (instalacións hidráulicas, caldeirería, instalación de motores…), etc.

Estaleiros Abeijón Hermanos é, sen lugar a dúbidas, a solución máis completa ás súas necesidades de reparación e mantemento de barcos, e conta coa experiencia necesaria para garantirlle os mellores servizos de estaleiro.

Servizos

  • Construción de embarcacións con casco de madeira
  • Reparción e conservación de barcos de aceiro
  • Servizo de carro de varada
  • Montaxes navais
  • Motores mariños
  • Hidráulica
  • Caldeirería
  • Soldadura
  • Limpeza de embarcacións de recreo

Galería de traballos

Grazas por contactar con nos

15 + 12 =

Visítanos en

O Feixo, s/n – Outes – 15280 A Coruña

Tfno./Fax: 981-765 638 Móbil: 626-993 440

http://www.astillerosabeijonhermanos.com

contacto@astillerosabeijonhermanos.com

Pin It on Pinterest

Share This