NAUMARINA CONSTRUCION NAVAL
Atopámonos fronte ao mar Cantábrico, na parroquia de Piñeira (a 500 m. da saída á A8), a apenas 2000 m. do porto deportivo de Ribadeo. As nosas instalacións, totalmente cubertas e dotadas de Travel Lift e guindastre permítennos ofrecer todo tipo de servizos de construción, mantemento e reparación.
Dispoñemos de zonas especializadas nunha gran variedade de cometidos, entre os que destacamos:
- Control de calidade e deseño.
- Fabricación en fibra de vidro.
- Ebanistería de cabina.
- Nave de invernación.
O coñecemento, a habilidade e o bo deseño son as nosas sinais de identidade demostradas. O emprego de madeira como base para as nosas embarcacións combínase coa utilización de materiais de última tecnoloxía para dar como resultado naves elegantes e robustas. As nosas embarcacións están cheas de detalles prácticos pensados para o confort dos seus tripulantes.
A introdución do cálculo numérico no deseño das nosas embarcacións sutúanos á vangarda dos estaleiros europeos.
Combinando técnicas de construción tradicional empregadas na carpintaría de ribeira con novos tratamentos e materiais, acadamos a realización de embarcacións máis duradeiras e cun mantemento menor, sen renunciar aos acabados, a calidez e a exclusividade que só a madeira pode conseguir.
O emprego de madeira autóctona como corazón dunha industria sostible e respectuosa co medio ambiente á a nosa razón de ser.
Servizos
- Deseño de embarcacións.
- Cálculos estruturais e dimensionais.
- Probas de estabilidade e flotabilidade.
- Trámites de homologación.
- Adestramento da tripulación.
Galería de traballos
Invalid Displayed Gallery
Naumarina Construcion Naval
Grazas por contactar con nos
Visítanos en
Piñeira, s/n – 27715 Ribadeo – Lugo
Tfno: 678-632 696 / Fax: 982-542 659