Membros da Xunta Directiva reúnense coa conselleira do mar para tratar temas de relevancia para o sector.
No decurso desta xuntanza, celebrada o 4 de agosto, abordáronse os seguintes asuntos, de máximo interese para o sector entre os que cabe destacar o regulamento de barcos de madeira, a consecución dunha marca de calidade/garantía para a carpintaría de ribeira galega, a discriminación da madeira como material de construción nas inspeccións da D.G.M.M. e a carpintaría de ribeira como sector estratéxico no plan operativo do FEMP 2014-2020 en Galicia. A conselleira amosou un profundo interese polos temas plantexados e transmitiunos a boa dispoñibilidade da consellería para colaborar na consecución destes obxectivos.