CARPINTEIRÍA LORBÉ
José Manuel Gómez Porto, titular da Carpinteiría Lorbé, ten ás súas costas unha expriencia profesional de máis de 30 anos como carpinteiro de ribeira, en estaleiros de Sada e A Coruña.
No ano 2002 toma a decisión de establecerse como autónomo e funda a que hoxe á a única carpintaría de ribeira de Oleiros (A Coruña).
Situada no porto de Lorbé, o estaleiro conta cunha nave cuberta duns 100 metros cadrados, servizo de carro varadoiro e dous traballadores que dan servizo a numerosas embarcacións da zona. Ao longo da súa dilatada vida profesinal, José Manuel Gómez Porto construíu todo tipo de embarcacións, sobre todo barcos de pesca de ata 23 metros de eslora, iates e diversas tipoloxías de botes, todos eles en madeira e con métodos tradicionais.
Hoxe en día, a súa actividade basease na construción de embarcacións de ata 15 ou 20 metros de eslora, tanto para pesca como de recreo e na reparación e mantemento de todo tipo de embarcacións de madeira, incluída a varada e instalación de motores.
Servizos
- 2 traballadores
- 100m2 de nave cuberta
- Construción de barcos e reparacións
- Venda e instalación de motores.
Carpintería Lorbé
Grazas por contactar con nos
Visítanos en
Porto de Lorbé, s/n – 15177 Oleiros – A Coruña
Tfno.: 981-621 812 / Móbil: 639-137 989