AGALCARI

Asociación Galega de Carpintería de Ribeira

AGALCARI é unha Asociación de empresarios de construción naval en madeira que ten como misión:

“A dinamización económica e produtiva da construción naval en madeira e as súas empresas, o recoñecemento social da actividade e a protección e preservación do seu inestimable valor como parte viva do patrimonio marítimo, cultural e etnográfico”.

AGALCARI defínese como unha entidade aberta e integradora de todas as empresas de construción naval en madeira de Galicia, cuxo propósito é contribuír á mellora da súa competitividade, optimizando as sinerxías derivadas do intercambio de experiencias e coñecementos, dos mecanismos de apoio e do traballo cooperativo en rede. Só cooperando se pode poñer en valor socialmente a construción naval en madeira como actividade ecolóxica, sustentable, fiable, patrimonial, e á vez con un elevado potencial de innovación en si mesmo e nas súas innumerables aplicacións e produtos.

¿Qué queremos ser?

“Converter a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira – AGALCARI nunha entidade de excelencia, un referente polo seu eficiente labor e obxectivos conseguidos na defensa, dinamización e innovación do sector da construción naval en madeira, con unha imaxe de marca recoñecida a nivel internacional”.

Historia

Ata o ano 2006, a situación do sector da carpintaría de ribeira en Galicia non coñecía o asociacionismo respondendo a un panorama desolador en canto ás potencialidades que podería ter unha unión do sector para frear o declive desta actividade en Galicia. Foi no ano 2006, no marco dun estudo sectorial elaborado polo Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), organismo dependente da Xunta de Galicia, onde se puxo de manifesto, en base ás conclusións de dito estudo, a necesidade imperativa de organizarse. As conclusións de dito estudo aportaron un marco de actuación á construción naval en madeira que por primeira vez veu plasmada de forma analítica as características, limitacións e potencialidades do sector, así como unha serie de pautas e patróns a seguir para consolidar e impulsar a súa actividade.

Desta maneira, este estudo catalizou, no ano 2007, a constitución da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira – AGALCARI. Dende a súa constitución, AGALCARI traballou de forma permanente para acadar a cooperación e coordinación de accións entre os carpinteiros de ribeira co fin de ter unha interlocución válida e única entre institucións e administracións así como para mellorar o tecido empresarial e produtivo do sector.

vídeo corporativo

Representación e defensa

Promoción do sector

A comunicación corporativa constitúe un dos principais obxectivos para a proxección social da construción naval en madeira e polo tanto garantir o éxito da tan ansiada dinamización, modernización e posta en valor do sector.

Neste contexto de crise, resulta esencial desenrolar políticas de comunicación eficaces e ben definidas orientadas de maneira estratéxica que permitan mellorar a valoración cidadá do sector, das súas empresas e dos seus produtos, xerando ao mesmo tempo un posicionamento estratéxico no tecido empresarial e produtivo do país.

Formación

Neste ámbito é necesario traballar en coordinación coas administracións para acadar o máis axiña posible un plan de formación regulado para os carpinteiros de ribeira como ocorre nos países do noso entorno xa que a formación en técnicas construtivas é insuficiente nestes intres e crea serias dificultades á hora de definir as competencias do sector.

En canto á formación dos seus asociados, sería necesario fomentar e coordinar seminarios e programas formativos para acadar un nivel adecuado ás esixencias do mercado actual.

Competitividade

Para ser competitivos, un dos obxectivos irrenunciables é a posta en marcha dun regulamento de uso e regulamento técnico da construción naval en madeira, desenrolar unha marca de calidade do sector, mellorar os procesos de xestión e imaxe da carpintaría de ribeira.

Patrimonio Marítimo

Os saberes da carpintaría de ribeira forma parte do patrimonio inmaterial deste país que debemos de conservar para transmitir ás novas xeracións. Neste intre estase a traballar na elaboración dun documento, conxuntamente coa Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, para declarar ben de interese cultural (BIC) as técnicas construtivas das embarcacións tradicionais galegas.

A importancia para o patrimonio marítimo europeo da carpintaría de ribeira refórzase polo papel necesario desta e os seus coñecementos na conservación, restauración e construción de réplicas de embarcacións históricas e tradicionais. O papel nuclear das embarcacións no conxunto do patrimonio marítimo e o seu rol na conservación de técnicas de navegación e oficios do mar, no seu vínculo coa maioría dos bens do patrimonio marítimo, converten a carpintaría de ribeira nun dos seus bens culturais máis relevantes.

Cooperación interna e externa

En canto á cooperación interna se refire, é primordial:

  • promover actuar como axente dinamizador dos proxectos de todos os seus asociados colaborando no desenvolvemento tanto de iniciativas sectoriais como de iniciativas de diferentes áreas de negocio
  • actuar como instrumento de recompilación de información de interese para as empresas asociadas
  • establecer relacións con entidades que persigan fins semellantes

Con respecto á cooperación externa, Agalcari basea a súa estratexia no establecemento de acordos de cooperación con:

  • Universidades, centros tecnolóxicos públicos e privados que permitan impulsar proxectos de investigación, especialmente eco construción e eco navegación.
  • Administracións públicas para establecer relacións que permitan unha estreita colaboración no desenrolo dun marco normativo favorable á construción naval.
  • Empresas do sector a nivel internacional: entendemos que é fundamental dunha asociación europea de construtores navais en madeira que poidan ofrecer un maior peso estratéxico da actividade a nivel internacional.

Obxectivos e fins da asociación

Representación e defensa

A representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais e culturas dos seus afiliados.

Formación

A organización dunha constante labor formativa e de promoción dos seus afiliados

Crear comunidade

Fomento da solidariedade entre os seus afiliados, promocionando e creando servizos comúns de natureza asistencial.

Patrimonio marítimo

A recuperación, conservación e divulgación do patrimonio marítimo galego.

Melloras económicas

A programación das accións que sexan necesarias para conseguir melloras sociais e económicas para os seus afiliados.

Desenrolo do sector

Poñer en marcha as estratexias de desenrolo do sector recollidas no punto 8 do estudo sectorial do CETMAR.

Servizos para asociados

N

Asesoramento

Asesoramento sobre normativa que os atinxe

N

Organización de xornadas

Organización de xornadas técnicas para mellorar a formación dos carpinteiros de ribeira.

N

Tramitación

Tramitación de expedientes, subvencións, recursos, etc.

N

Proxectos europeos

Participación en diversos proxectos a nivel europeo para intercambiar experiencias con carpinteiros do noso entorno, estudar a evolución do sector neses países e tratar de atopar solucións aos problemas que atinxen á carpintaría de ribeira galega.

N

Organización de charlas

Organización de charlas e conferencias sobre temáticas directamente relacionadas coa carpintaría de ribeira.

N

Colaboración

Colaboración con diversas entidades e estamentos oficiais para implementar estratexias de recuperación, conservación e divulgación do patrimonio marítimo galego.

Os nosos esforzos

Os nosos esforzos divídense segundo o esquema que figura a continuación.

  • Asesoramento 20%
  • Tramitación 20%
  • Organización de charlas 15%
  • Organización de xornadas 5%
  • Proxectos europeos 5%
  • Colaboración con entidades 10%
  • Xestións varias 25%

Directiva

Ramón Collazo Mosquera

Presidente

Estaleiros Catoira

Jorge Blanco Sánchez

Tesoureiro

Estaleiros Aguiño

Angel Lojo Tubío

Vogal

Estaleiros Lojo

José Garrido Fernández

Vicepresidente

Estaleiros Garrido

Alberto Lagos Abarzuza,

Contador

Estaleiros Lagos

Francisco Fra Rico

Vogal

Carpintaría Francisco Fra

José Abeijón Mayo

Secretario

Estaleiros Abeijón Hnos

Gerardo Triñanes Fernández

Vogal

Estaleiros Triñanes

José Lago Abeijón

Vogal

Estaleiros Lago Abeijón

AGALCARI
Barcos de madeira
A tradición o servizo da tecnoloxía.
CONTACTA
Direción: Apdo. de Correos Nº 22 15930 Boiro - A Coruña
Telefono/Fax: 981-84 29 83
Email: agalcari@agalcari.es

Pin It on Pinterest