Durante a entrevista, trasladáronlle unha invitación para que Técnicos de Cultura participen como conferenciantes nas X Xornadas de Construción Naval en Madeira que terán lugar o próximo 17 de novembro en Rianxo e expliquen o proceso de declarar á carpintaría de ribeira Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial, así como todo o que esta declaración implica, ao ser esta a primeira vez en Galicia que se incoa un expediente deste tipo.
O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez, asistirá ao acto de inauguración das xornadas.

 

Pin It on Pinterest

Share This