Barcos de madeira - Agalcari

Barcos de madeira

Barcos feitos con recursos autóctonos

Un verdadeiro prodixio de técnica e saber facer dos mestres carpinteiros de ribeira.

Trátase de embarcacións que polas súas características se adaptan perfectamente tanto ao exercicio dunha actividade profesional: pesca, marisqueo, acuicultura, como ao lecer.

Modernos e artesanais

Os modernos métodos de construción naval en madeira (emprego de laminados con resinas epoxi, combinación do método tradicional con madeira laminada e mesmo combinación madeira/epoxi/poliéster) que están sendo aplicadas nos nosos estaleiros permiten construír unhas embarcacións de altísimas prestacións e de moi baixo mantemento, cumprindo tódalas esixencias das distintas directivas europeas en materia de seguridade, estabilidade e navegabilidade. Por iso, os mariñeiros galegos deberían de apostar por estes barcos á hora de planificar o seu futuro, en termos ambientais, de seguridade e eficacia.

Principais características

R

Versatilidade

R

Respecto

co medio ambiente e co medio mariño

R

Adaptación

Adáptanse ás necesidades de cada armador

R

Artesanal

Non son feitos en serie

R

Mantemento económico

Cos novos produtos para protección e acabados, os custos de mantemento non son máis elevados que os de barcos construídos noutros materiais

R

Fiabilidade

R

Reciclables

Son totalmente reciclables ao final da súa vida útil

R

Substitución

Calquera peza que se deteriore se pode substituír

R

Autóctono

As materias primas para a súa construción son naturais e autóctonas

R

Personalizables

R

Pegada de carbono

Ten unha pegada de carbono é case nula

R

Únicos

Cada barco é único

R

Estabilidade

Un barco de madeira é mariñeiro polo seu momento de inercia e distribución de pesos.

Vertebración do territorio

Outra razón para construír barcos de madeira é que a carpintería de ribeira axuda a vertebrar o territorio: ao necesitar madeiras de características específicas, precísase unha silvicultura máis coidadosa e especializada, coa conseguinte creación de empregos indirectos. Esta creación de empregos indirectos tamén se da pola necesidade de contratar profesionais que efectúen outras instalacións nas embarcacións: electricidade, salvamento, radio, etc.

Historia

Finalmente, porque os saberes dos carpinteiros de ribeira e os barcos de madeira forman parte intrínseca da historia dos nosos pobos costeiros e non podemos permitir que se perda este patrimonio marítimo.

AGALCARI
Barcos de madeira
A tradición o servizo da tecnoloxía.
CONTACTA
Direción: Apdo. de Correos Nº 22 15930 Boiro - A Coruña
Telefono/Fax: 981-84 29 83
Email: agalcari@agalcari.es

Pin It on Pinterest