Un mar de madeira

A innovación da tradición

Vivamus ipsum velit, ullamcorper quis nibh non, molestie tempus sapien. Mauris ultrices, felis ut eleifend auctor, leo felis vehicula quam, ut accumsan augue nunc at nisl.
anos de evolución e melloras

Benvidos

AGALCARI

Asociación Galega de Carpintería de Ribeira

PATRIMONIO, CULTURA, INNOVACIÓN E NEGOCIO

Imagotio_Agalcari_140x55

A construción de embarcacións de madeira en Galicia é unha actividade artesanal dun alto valor ecolóxico, impregnada da máis profunda sabedoría popular que deberiamos manter, non só como parte do patrimonio marítimo e cultural, que tamén, senón que entendemos que se debe facer un esforzo por recuperar o pleno sentido productivo e comercial para esta actividade.

Para isto, é necesario poñer en marcha os mecanismos oportunos para corrixi-las eivas que, de maneira alarmante, están supoñendo un freo para un Sector que, por outra banda, estase amosando como un elemento dinamizador para o aproveitamento dos recursos económicos e, consecuentemente, para a creación de riqueza.

Traballamos para ti

REPRESENTACIÓN

e defensa

O obxectivo básico de Agalcari é a representación e defensa dos intereses cooperativos e comerciais do sector.

ESTRATEXIA

do sector

Contamos cun plan estratéxico e análise DAFO onde se recolle a problemática do sector e as estratexias para a súa solución.

COMUNIDADE

e solidariedade

Aplicar a estratexia “Sector – Factor – Vector” como camiño para acadar unha interrelación coa sociedade en xeral e coas novas xeracións en particular.

Asóciate e forma parte da nosa comunidade

Aínda que o teu estaleiro ou obradoiro non estea na nosa comunidade, podes igualmente asociarte e formar parte da nosa comunidade como socio colaborador.

interésame

A tradición ao servido da innovación

Só quen coñece a tradición está preparado para modelar o futuro.

O noso sector está inmerso na aplicación das últimas técnicas innovadoras aplicadas á madeira en xeral e á construción naval en madeira en particular.

 

Dende fai anos, a utilización dos epoxis, a madeira laminada, a combinación epoxi/madeira/poliéster fan dos nosos barcos un produto inmellorable, destacando pola súa duración, adaptabilidade, seguridade e estabilidade.

A técnica da madeira laminada, ademais, permite eliminar o calafateo tradicional, mellorar os deseños sen límite de formas, fortalecer a resistencia da embarcación e sobre todo, reducir notablemente o mantemento conseguindo un acabado excelente.

Blog

Asteleiros Catoira constrúe un novo barco de pesca.

Este socio de Agalcari está rematando a construción dunha nova embarcación de pesca artesanal a liña, de 6 metros de eslora e 2 metros de manga. De nome “Ares”, esta embarcación cuxo porto base estará en Ribeira, conta con viveiros para conservar vivos tanto o cebo...

read more

Estaleiros Triñanes constrúe unha embarcación para pesca.

Estaleiros Triñanes, socio de Agalcari, está a construír un novo barco de pesca de artes menores. Este pesqueiro levará o nome de “Bismark Dous”, terá 12 metros de eslora e 4,20 metros de manga. O seu porto base estará en Portosin e a súa botadura está prevista para...

read more

Agalcari participa no IX Congreso Internacional de EMH

Do 21 ao 24 de setembro, un representante de Agalcari participou no 9º Congreso Internacional de European Maritime Heritage celebrado en Errentería (Guipúzcoa). No decurso dese congreso, expertos internacionais en patrimonio marítimo falaron sobre as estratexias para...

read more

O barco.

Un barco de madeira é un prodixio da técnica composto de miles de pezas coidadosamente traballadas e ensambladas entre si, case un ser vivo con unhas condicións de navegabilidade inmellorables.

Xeración de emprego endóxeno

Unha das características máis salientables do noso sector é a capacidade de xerar emprego endóxeno mellorando a silvicultura local.

Realización persoal

O saber facer do carpinteiro de ribeira forma parte do patrimonio inmaterial do país, que se debería conservar proxectándoo no futuro con pleno sentido produtivo e comercial.

Compromiso coa sustentabilidade

A madeira, como elemento central da nosa actividade, é un material ecolóxico. Podemos dicir sen medo a equivocarnos que non só é parte da natureza senón que a súa utilización é beneficiosa para ela.

Facturación M€

Asteleiros

Empregos directos

Empregos indirectos

Barcos de Madeira
A tradición ao servizo da tecnoloxía
AGALCARI
Barcos de madeira
A tradición o servizo da tecnoloxía.
CONTACTA
Direción: Apdo. de Correos Nº 22 15930 Boiro - A Coruña
Telefono/Fax: 981-84 29 83
Email: agalcari@agalcari.es

Pin It on Pinterest