O pasado 19 de setembro a secretaria de Agalcari participou, en representación da asociación, na Xornada Transnacional para a Dinamización de Proxectos de Cooperación no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca organizado pola Consellería do Mar.

No decurso desta xornada unha representante de FARNET, empresa experta en proxectos de cooperación da UE, fixo unha presentación aos asistentes sobre o tema para a continuación realizar diversos talleres de traballo onde, en primeiro lugar, se identificaron barreiras e necesidades en torno á cooperación e posteriormente se aportaron ideas de proxectos que fomenten a cooperación.

Esta xornada foi moi positiva para Agalcari pois nestes intres estase a elaborar a memoria dun proxecto de colaboración de cara ao ano 2017.

Pin It on Pinterest

Share This