Astilleros Lagos

Especialistas en restauración de barcos de madeira

 

ESTALEIROS LAGOS

Estaleiros Lagos foi fundado en 1915 por Fernando Lagos Carsi, tras volver a Vigo despois de estudar Arquitectura Naval no Royal Technical College de Glasgow, en Escocia, e traballado na Oficina Técnica do célebre estaleiro John Brown.

A nosa vocación inicial foi o deseño e a construción de embarcacións deportivas en madeira.

En Estaleiros Lagos deseñamos a súa embarcación a vela ou a motor, á medida das súas necesidades, e optimizada para o uso ó que se vaia a destinar, polo que, se busca unha embarcación diferente, podemos ofrecerlle, previo estudo das súas necesidades, a embarcación idónea, en calquera material. A construción de barcos de madeira foi evolucionando dende a construción tradicional con banzos, ata chegar a hoxe con formas de construción que utilizan técnicas modernas como o laminado en frío. Nos barcos que construímos sempre primaron dous obxectivos: solidez e atención ó detalle. Os nosos carpinteiros dominan as técnicas de construción en madeira laminada dende hai moitos anos e saben combinar á perfección estas técnicas coa beleza da construción tradicional con madeiras nobres.

Os nosos principais campos de actividade son a restauración de barcos clásicos de madeira e as reparacións e reformas de barcos de recreo, tanto en madeira como en fibra, aceiro ou aluminio. Dentro destas reparacións e reformas destacan a construción de novas cubertas de teca, reparacións e modificacións de cascos, reformas de interiores, reformas de sistemas eléctricos, novas instalacións de motores diésel e, en xeral, novas instalacións/melloras/reformas de todos os equipos e servizos da embarcación: propulsión, electrónica, frío, calefacción, refrixeración, etc.

Ademais de restauracións e reformas, tamén nos dedicamos ó mantemento de embarcacións.

Grazas á reputación que nos labramos co noso bo facer, clientes de todo o mundo recorren a nos cada ano para que coidemos das súas embarcacións e para que levemos a cabo as reparacións e reformas necesarias, tendo a confianza nas súas travesías polo mundo adiante, de que os traballos foron realizados por auténticos profesionais.

Os mobles e interiores que realizamos en Estaleiros Lagos caracterízanse pola perfección dos seus acabados e a fabricación completamente artesanal. Ademais dos traballos de reconstrución de interiores, tamén realizamos réplicas de mobles, reformas de interiores e maquetas a gran escala para escenarios diversos.

Laminados en frío

Instalacións

  • 5 traballadores
  • + 700 barcos construídos
  • Aproximadamente 3000 m2de superficie total
  • 30% de superficie cuberta
  • Nº de varadoiros: 2 liñas
  • 1 varadoiro con cabrestante eléctrico 400V, 18kW
  • 1 varadoiro con cabrestante eléctrico 400V, 6,20 kW
  • Ata 60toneladas de capacidade de varada
  • Nº de embarcacións: 6por varadoiro, cunha media de eslora 12,80 m.
  • Medios de elevación: Servizo de camión guindastre de ata 50 toneladas.

Astilleros Lagos

Grazas por contactar con nos

6 + 1 =

Visítanos en

Avda. de Eduardo Cabello, 2 – 36208 Bouzas – Vigo – España

Telf.: 986-232 626 | Fax: 986-291 833 | Móbil: 606-840 626

www.astilleroslagos.es

astillero@astilleroslagos.com

Pin It on Pinterest

Share This