Benvidos
AGALCARI
Asociación Galega de Carpintería de Ribeira
PATRIMONIO, CULTURA, INNOVACIÓN E NEGOCIO
A construción de embarcacións de madeira en Galicia é unha actividade artesanal dun alto valor ecolóxico, impregnada da máis profunda sabedoría popular que deberiamos manter, non só como parte do patrimonio marítimo e cultural, que tamén, senón que entendemos que se debe facer un esforzo por recuperar o pleno sentido productivo e comercial para esta actividade.
Para isto, é necesario poñer en marcha os mecanismos oportunos para corrixi-las eivas que, de maneira alarmante, están supoñendo un freo para un Sector que, por outra banda, estase amosando como un elemento dinamizador para o aproveitamento dos recursos económicos e, consecuentemente, para a creación de riqueza.
Traballamos para ti
REPRESENTACIÓN
e defensa
O obxectivo básico de Agalcari é a representación e defensa dos intereses cooperativos e comerciais do sector.
ESTRATEXIA
do sector
Contamos cun plan estratéxico e análise DAFO onde se recolle a problemática do sector e as estratexias para a súa solución.
COMUNIDADE
e solidariedade
Aplicar a estratexia “Sector – Factor – Vector” como camiño para acadar unha interrelación coa sociedade en xeral e coas novas xeracións en particular.
Asóciate e forma parte da nosa comunidade
Aínda que o teu estaleiro ou obradoiro non estea na nosa comunidade, podes igualmente asociarte e formar parte da nosa comunidade como socio colaborador.
A tradición ao servido da innovación
Só quen coñece a tradición está preparado para modelar o futuro.
O noso sector está inmerso na aplicación das últimas técnicas innovadoras aplicadas á madeira en xeral e á construción naval en madeira en particular.
Dende fai anos, a utilización dos epoxis, a madeira laminada, a combinación epoxi/madeira/poliéster fan dos nosos barcos un produto inmellorable, destacando pola súa duración, adaptabilidade, seguridade e estabilidade.
A técnica da madeira laminada, ademais, permite eliminar o calafateo tradicional, mellorar os deseños sen límite de formas, fortalecer a resistencia da embarcación e sobre todo, reducir notablemente o mantemento conseguindo un acabado excelente.
Blog
BO NADAL!
Asteleiros Catoira constrúe un novo barco de pesca.
Este socio de Agalcari está rematando a construción dunha nova embarcación de pesca artesanal a liña, de 6 metros de eslora e 2 metros de manga. De nome “Ares”, esta embarcación cuxo porto base estará en Ribeira, conta con viveiros para conservar vivos tanto o cebo...
read moreEstaleiros Triñanes constrúe unha embarcación para pesca.
Estaleiros Triñanes, socio de Agalcari, está a construír un novo barco de pesca de artes menores. Este pesqueiro levará o nome de “Bismark Dous”, terá 12 metros de eslora e 4,20 metros de manga. O seu porto base estará en Portosin e a súa botadura está prevista para...
read moreO barco.
Un barco de madeira é un prodixio da técnica composto de miles de pezas coidadosamente traballadas e ensambladas entre si, case un ser vivo con unhas condicións de navegabilidade inmellorables.
Xeración de emprego endóxeno
Unha das características máis salientables do noso sector é a capacidade de xerar emprego endóxeno mellorando a silvicultura local.
Realización persoal
O saber facer do carpinteiro de ribeira forma parte do patrimonio inmaterial do país, que se debería conservar proxectándoo no futuro con pleno sentido produtivo e comercial.
Compromiso coa sustentabilidade
A madeira, como elemento central da nosa actividade, é un material ecolóxico. Podemos dicir sen medo a equivocarnos que non só é parte da natureza senón que a súa utilización é beneficiosa para ela.
Facturación M€
Asteleiros
Empregos directos
Empregos indirectos
A tradición o servizo da tecnoloxía.
Telefono/Fax: 981-84 29 83
Email: agalcari@agalcari.es